PUNTO DE VISTA 2017: A FAMILIA BEN, GRAZAS

O retrato familiar foi un dos xéneros máis presentes na sección oficial desta última edición do festival navarro. The Host (Miranda Pennell, 2015), Gran Premio Punto de Vista deste ano, fala, sen ir máis lonxe, da explotación británica do petróleo iraniano a partir da experiencia persoal da súa directora, que viviu parte da súa infancia no Irán dos anos cincuenta e sesenta como filla dun alto executivo da compañía British Petroleum (BP). O filme, composto case exclusivamente... Ler máis

COURTISANE 2015: VIAXE POR PAÍSES PEQUENOS (SON MÁS DOADOS DE VISITAR)

Bélxica é un país pequeno. Trátase dun país estraño, un estado tapón, dividido en dous, e mesmo en tres partes. Hai quen di que mesmo en catro. Bélxica foi unha estratexia xeopolítica creada co fin de parar os pés a Francia, separala dos Países Baixos e tamén de Alemaña. Ou viceversa. O resultado foi a creación dun Estado con catro comunidades lingüísticas: unha bilingüe en Bruxelas, a neerlandófona ao norte, a francófona ao sur e a xermanófona na zona setentrional-oriental.... Ler máis

PdV 2013. O TIGRE ARRECENDE A DINAMITA

A cabeceira desta edición, obra de Kikol Grau, non podía ser máis axeitada para o lance no que se atopa arestora o festival Punto de Vista: un tigre de Tasmania (o becho ese que tiña raias no lombo) da voltas sobre si mesmo até que lle dá un routo punk, asómanlle os dentes, medra a súa furia, e finalmente esvaece ante a pantasma do poder. Botádelle vós mesmos un ollo, só dura trinta segundos. Cada vez que aparecía na pantalla, a hipnose comezaba: a rabia do animal... Ler máis