CANNES 2018 EP. 4: O PEOR JIA ZHANG-KE

Chegou outro dos nomes grandes da sección oficial. Non podemos máis que considerar Ash Is Purest White (Jia Zhang-Ke, 2018) como unha tremenda decepción. O chinés volve poñer a Tao Zhao como muller protagonista con carácter, nun papel que recorda ao de Un toque de violencia (2013). A súa parella na pantalla é Fan Liao, versado no cinema de xénero, con Black Coal, Thin Ice (Yinan Diao, 2014) coma o primeiro filme que vén á mente. Dado que a historia comeza co asasinato... Ler máis

DOC LISBOA 2016 (I / III): UN MESMO FÍO PARA MOITOS NOVELOS

O Doc Lisboa está ateigado de pistas para espectadores atentos, chiscadelas camufladas que salvan ao público da rutina e da fatiga. Son pequenos detalles, rastros que percorren toda a súa programación: revelacións repentinas, rimas inesperadas, sumas que dan máis do que a aritmética presaxiaba. “No fim há um mapa possível”, di o propio catálogo, nunha declaración de intencións esborranchada con letras tortas, case ilexíbeis, que aparece na páxina 41, para quen... Ler máis

ANOTACIÓNS ACERCA DA CRÍTICA E A PROGRAMACIÓN CINEMATOGRÁFICA

0. Preámbulo Fun convidado por Víctor Paz Morandeira e Iván Villarmea para dar unha charla acerca das relacións entre a crítica e a programación cinematográfica actual, dentro do magnífico festival Play-Doc de Tui 2015. A súa proposta levoume a idear o desenvolvemento dos puntos básicos do traballo destas dúas profesións na actualidade. A falta de conseguir un discurso cunhas conclusións claras, de expor algo que tivera unha coherencia na súa totalidade, dividín... Ler máis