L’ALTERNATIVA 2017: A RESISTENCIA DOS CORPOS
Taste of cement (Ziad Kalthoum, 2017) A última edición do festival barcelonés L’Alternativa pechou a súa vixésimocuarta edición cun éxito de público e unha coidada mostra dalgunhas das películas premiadas ao longo do ano (en Visions du Reel, Locarno ou o BAFICI), así como diversos focos a cineastas tan necesarios como Deborah Stratmann, Michael Glawogger e Eric Pauwels. Unha grella que continúa a interesante labor de programación de edicións pasadas, onde se... Ler máis
INDIELISBOA 2012 E AS MARXES DO SEXO
Logo de case un decenio de andaina, o Festival Internacional de Cinema Independente de Lisboa é unha cita anual xa consolidada na súa condición de imprescindible punto de encontro ibérico coas manifestacións máis recentes do cinema de autor. Competición Internacional de longametraxes e curtas, Competición Nacional de ámbalas dúas, Observatorio, Cinema Emerxente (que incluía unha retrospectiva con foco sobre o novo cinema suízo), Pulsar do Mundo, Indiejúnior, IndieMusic,... Ler máis
MICHAEL GLAWOGGER: “OS MEUS DOCUMENTAIS FALAN DA CONDICIÓN HUMANA”
Michael Glawogger (Graz, Austria, 1959) é un dos documentaristas máis interesantes da última década. As súas referenciais Workingman’s Death (2005) e Megacities (1998), centradas no traballo manual en distintas partes do mundo, formaron parte dunha retrospectiva case completa que o festival de Xixón lle dedicou o pasado novembro, incluíndo tamén as súas desatadas ficcións. O director presentou no certame Whores’ Glory (2011), que aplica a lóxica das dúas... Ler máis
CRÓNICA 49 FICXIXÓN: SECCIÓN OFICIAL
O traballo do crítico está subvalorado. Desde fóra vese coma unha posición cómoda, dando a entender que dá acceso gratuíto a preestreas e pases de prensa en festivais. Pero tamén ten o seu lado malo. É un traballo máis ben solitario, que obriga a visionar cantidades inxentes de películas en tempo récord para logo escribir sobre elas, criticar o traballo alleo coa intención de informar o lector, evitándolle así pasar un mal trago (que o crítico xa padeceu) ou dar... Ler máis
Crónica 24 de novembro
Esta mañá, unha entrevista a unha hora mala fíxome perder as sesións de antes da comida. Porén, non podo dicir que non gozara co tolo de Michael Glawogger contándome, entre risas nerviosas, as súas peculiares travesías transnacionais. Se engadimos que Faust e Walk Away Renée son dous peliculóns, podemos falar doutro aproveitado día neste FIC Xixón, que conta nesta edición cunha programación a aplaudir. A adaptación da celebre novela de Goethe por Alexandr Sokúrov... Ler máis
Crónica 22 de novembro
“Nos debuxos animados, na demolición dun edificio, hai un instante no que a bóla toca a parede e o inmoble aínda está en pé, pero non podemos facer nada contra o derrubamento. É inevitable. Agora estamos nese momento”. Son as palabras do personaxe de Hamish Linklater en The Future, que, como diciamos onte, non é boa, pero deixa caer algunha polo camiño. Estas liñas poderían resumir a dirección que está a debuxar o programa do FIC Xixón 2011. Se Nicolas Klotz... Ler máis