L’ALTERNATIVA 2017: A RESISTENCIA DOS CORPOS

Taste of cement (Ziad Kalthoum, 2017) A última edición do festival barcelonés L’Alternativa pechou a súa vixésimocuarta edición cun éxito de público e unha coidada mostra dalgunhas das películas premiadas ao longo do ano (en Visions du Reel, Locarno ou o BAFICI), así como diversos focos a cineastas tan necesarios como Deborah Stratmann, Michael Glawogger e Eric Pauwels. Unha grella que continúa a interesante labor de programación de edicións pasadas, onde se... Ler máis

SEFF 2017: SECCIÓN OFICIAL (1)

Un ano máis, o Festival de Cine Europeo de Sevilla propuxo na súa sección oficial unha selección das películas europeas que marcan a tempada. A Fábrica de Nada (Pedro Pinho, 2017), aquí Giraldillo de Oro, sorprendeu na pasada edición de Cannes, sendo a película máis unanimemente eloxiada pola crítica na Quincena dos Realizadores. Dirixida de xeito cooperativo por Terratreme, produtora que adoita traballar con esta estrutura, o filme traslada a metodoloxía á súa diéxese.... Ler máis