QT: MASH-UP MASTER

Como convida a facer Iván Villarmea no artigo que abre esta Panorámica, sería preciso reflexionar sobre a intencionalidade e relevancia dos chamados samplers visuais. Se decidín usar o termo mash-up para referirme a Quentin Tarantino, é porque penso que o nivel de referencias en cada plano no autor de Death Proof (2007) vai alén das imaxes, para entrar ademais na montaxe... Ler máis

HISTORIA E PANTASMAS NO CINE PORTUGUÉS CONTEMPORÁNEO

Espectres del cinema portuguès contemporani: História i fantasmas en les imatges é unha investigación sobre o cine portugués contemporáneo claramente hubermaniana nos seus fundamentos e a súa estrutura. Como tamén o era Atlas portátil de América Latina: Arte y ficciones errantes de Graciela Speranza. George Didi-Huberman é o alicerce teórico (e metodolóxico) sobre... Ler máis

CALIGRAFÍAS CINEMATOGRÁFICAS

Os préstamos, alusións, citas, plaxios ou chiscaledas hiperconscientes a outras imaxes son xa unha constante do audiovisual contemporáneo, sexa este postmoderno ou hipermoderno (deixémoslle esa leria a xente como Fredric Jameson e Gilles Lipovetsky). Pode ocorrer en calquera intre, na intimidade da sala de cinema ou do salón doméstico, mergullados nun filme ou vendo de esguello... Ler máis

O PASADO: O ETERNO RETORNO DO MESMO

Reescrituras e apropiacións A cuestión das filiacións no cinema contemporáneo aparece como un problema fundamental, centro de tódolos debates. Moitos cineastas procuran os seus modelos de referencia en figuras do pasado tentando reactualizalas ou reescribíndoas: Olivier Assayas tentábao co serial Les Vampires (Louis Feuillade, 1915) en Irma Vep (Olivier Assayas, 1996), o... Ler máis

A MELANCOLÍA DO SILENCIO E A IMPOSÍBEL RENUNCIA POSTMODERNA Á VOZ

Na ansia de ver nacer novas imaxes da vella factura fermosa do cinema silente, acudía impenitentemente ás salas. Agora a La Antena (Esteban Sapir, 2007), logo a The Artist (Michel Hazanavicius, 2011), aínda sen convencerme da imposibilidade, sentábame a ver Blancanieves (Pablo Berger, 2012), e mesmo despois Tabu (Miguel Gomes, 2012). E filme tras filme saía sen atopar nin... Ler máis

“O OBXECTIVO DO CINEMA É ACHEGARSE Á BELEZA”

Read here in English 点击进入中文版 O chinés He Yuan, gañador do Gran Premio Punto de Vista 2013 polo seu filme Apuda, ofrécenos con esta película un sentido retrato da China rural, a través da relación dun fillo co seu pai moribundo. A cinta, na súa observación pausada, segue as pautas do Novo Documental Chinés clásico, mais na súa vertente estética sepárase... Ler máis

TORRES & COMETAS, de Gonçalo Tocha

Le este artigo na súa versión orixinal en portugués Entre xuño e xullo de 2012, Gonçalo Tocha e Dídio Pestana estiveron en Guimarães, convidados pola área de programación de cinema e audiovisual da Guimarães 2012 Capital Europea da Cultura, para rodar unha curtametraxe. Para alén de “ver”, “ouvir” e “vivir” a cidade, os dous artistas foron desafiados para... Ler máis

SATYAJIT RAY. O RAY GRANDE

Entre os grandes clásicos do cinema asiático, Satyajit Ray ocupa un lugar de honra xunto aos xaponeses Yasujiro Ozu, Kenji Mizoguchi, Mikio Naruse, Hiroshi Shimizu, Masaki Kobayashi e Akira Kurosawa. Do mesmo xeito que Ozu, Ray é un dos que Susan Sontag denominou “cineastas esenciais”, unha listaxe que completaban Carl Theodor Dreyer, Luís Buñuel, Sergei M. Eisenstein,... Ler máis

EDUARDO COUTINHO: A ARTE DO ENCONTRO

Un serán calquera a mediados dos anos oitenta. Un equipo de rodaxe instálase á metade das escadas que soben á Favela Santa Marta do Rio de Janeiro, na hora xusta na que os seus habitantes volven do traballo a casa. A cámara rexistra o vai-e-ven da xente e de súpeto unha voz emerxe do fóra de campo con preguntas sinxelas, directas e respectuosas cara os transeúntes: é o... Ler máis

SPRING BREAKERS, de Harmony Korine

Pistolas en mans espidas de inofensivas adolescentes que andan somentes á procura de diversión. As cores queiman a imaxe e os primeiros planos funden corpos coma se a hipernarrativa non entendese de tempo nin personaxes, coma se o eu e o agora fosen o único abarcábel pola cámara. E, de fondo, Britney Spears. Britney Spears – Everytime (Devils Dubstep Remix ) by D.E.V.I.L.S. Kuleshov... Ler máis