CALIGRAFÍAS CINEMATOGRÁFICAS

Os préstamos, alusións, citas, plaxios ou chiscaledas hiperconscientes a outras imaxes son xa unha constante do audiovisual contemporáneo, sexa este postmoderno ou hipermoderno (deixémoslle esa leria a xente como Fredric Jameson e Gilles Lipovetsky). Pode ocorrer en calquera intre, na intimidade da sala de cinema ou do salón doméstico, mergullados nun filme ou vendo de esguello un anuncio publicitario: unha imaxe, esa imaxe, estoupa na nosa memoria e de súpeto a recoñecemos.... Ler máis