¡SHHHH!

Desde o gag primixenio de L’arroseur arrosé (Louis Lumière, 1895) ata Berto Romero mirando a cámara cun traxe de captura de movementos sobre un croma en Algo muy gordo (Carlo Padial, 2017), o humor significouse coma unha continua fuxida cara adiante. Sempre xogando coas convencións do propio xénero, a comedia está a revelarse hoxe en día como un dos campos máis produtivos para explorar novas formas, narrativas e estilos. Neste punto, a comedia non necesita discursos... Ler máis

CALIGRAFÍAS CINEMATOGRÁFICAS

Os préstamos, alusións, citas, plaxios ou chiscaledas hiperconscientes a outras imaxes son xa unha constante do audiovisual contemporáneo, sexa este postmoderno ou hipermoderno (deixémoslle esa leria a xente como Fredric Jameson e Gilles Lipovetsky). Pode ocorrer en calquera intre, na intimidade da sala de cinema ou do salón doméstico, mergullados nun filme ou vendo de esguello un anuncio publicitario: unha imaxe, esa imaxe, estoupa na nosa memoria e de súpeto a recoñecemos.... Ler máis

ARQUEOLOXÍA VISUAL DO TERRITORIO

Os efectos da crise actual non se notan somentes nos mercados, senón que tamén se poden rastrexar na superficie do territorio. Nos últimos anos, as cidades do estado español, e sobre todo as súas periferias rururbanas, estanse convertendo nun ermo de ruínas a medio construír, lugares abandonados, paisaxes intermedias ou, no mellor dos casos, paisaxes banais (1). Estes espazos condensan a historia da sociedade que os produciu, unha historia que, neste caso, fala dun estado... Ler máis

HUGO, de Martin Scorsese

O CINEMA COMO PALIMPSESTPO Resulta curioso que os principais favoritos para gañar os Óscar deste ano sexan dous filmes que volven cara o pasado heroico do cinema. Semella coma se as industrias estadounidense e francesa decidiran trocar entre si os seus respectivos referentes para producir nesta tempada cadanseu blockbuster metacinematográfico: mentres que Hollywood reconstrúe unha Gare de Montparnasse dixital para recuperar o cinema analóxico de Georges Meliès en Hugo (Martin... Ler máis