A MELANCOLÍA DO SILENCIO E A IMPOSÍBEL RENUNCIA POSTMODERNA Á VOZ

Na ansia de ver nacer novas imaxes da vella factura fermosa do cinema silente, acudía impenitentemente ás salas. Agora a La Antena (Esteban Sapir, 2007), logo a The Artist (Michel Hazanavicius, 2011), aínda sen convencerme da imposibilidade, sentábame a ver Blancanieves (Pablo Berger, 2012), e mesmo despois Tabu (Miguel Gomes, 2012). E filme tras filme saía sen atopar nin a densidade nin a solidez rexa daqueloutras imaxes. E pensaba, como considerar que a (retro)técnica... Ler máis

THE ARTIST, de Michel Hazanavicius

Dicía un dos máis grandes xenios que deu a sétima arte, Alfred Hitchcock, que “os actores son gando”. Que con esa mentalidade e non outra conseguise sacar tanto partido a aqueles que se atreveron a traballar con el é un milagre, sendo quizais Cary Grant o seu falso culpable máis recoñecible, un gentleman que cando se puña diante da cámara do realizador mudaba radicalmente de pose para vivir a súa personaxe, dun xeito moito máis natural ó acostumado no resto da... Ler máis