EDUARDO COUTINHO: A ARTE DO ENCONTRO

Un serán calquera a mediados dos anos oitenta. Un equipo de rodaxe instálase á metade das escadas que soben á Favela Santa Marta do Rio de Janeiro, na hora xusta na que os seus habitantes volven do traballo a casa. A cámara rexistra o vai-e-ven da xente e de súpeto unha voz emerxe do fóra de campo con preguntas sinxelas, directas e respectuosas cara os transeúntes: é o cineasta Eduardo Coutinho, disposto a atopar aos seus suxeitos filmados coa cámara por diante. Non... Ler máis