Álvaro F. Pulpeiro: “Para evitar o exotismo tes que desmaterializarte, deconstruirte”

Tras o seu paso polo festival danés CPH:DOX, conversamos por vídeo-chamada con Álvaro F. Pulpeiro (Foz, 1990) con motivo da presentación da súa última longametraxe documental, Un cielo tan turbio (2021): unha road movie observacional que percorre as diferentes paisaxes industriais que compoñen as zonas fronteirizas de Venezuela, e que se detén a coñecer a aqueles que as habitan. Pulpeiro cóntanos máis sobre esta película que, aínda que fuxe de emitir xuízos morais,... Ler máis

Un cielo tan turbio, de Álvaro F. Pulpeiro

Baixo a auga, dirixindo a mirada cara á superficie, todos os océanos parecen o mesmo. Trátase dunha astuta ferramenta introdutoria: mergullarnos durante varios segundos, desorientados, preguntándonos onde estamos e a que imos asistir. Cando a cámara emerxe, a imaxe é negra e está presidida por unha labarada de lume; é só un aviso do que virá a continuación: retratos dun país convulso, descomposto, e do tránsito consecuente da súa poboación e as novas cotiandades... Ler máis

PORTO/POST/DOC: NOVA CHINCHETA NO MAPA DE FESTIVAIS

Nace un novo festival de documentais en Porto, e exclama orgulloso: “As nosas historias son reais”. En efecto. Esta é unha declaración de intencións para os cinéfilos e os profesionais do sector, que nos desprazamos ata a cidade lusa para gozar dunha semana de bo cinema do real, de “postdocumentários”, un termo que, semella, o certame quere asentar. A estratexia conceptual é ben interesante, vista a insistencia do festival, a través das súas actividades e na meirande... Ler máis

“É ALUCINANTE COMO PODEN ANESTESIARSE AS LEMBRANZAS”

 Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas forman parte, dende hai anos, do Cineclube de Compostela, unha iniciativa cultural de referencia en Santiago, que ofrece periodicamente unha boa ración de filmes nunha modesta sala. En 2012, ambos os dous estrearon Fóra, un filme documental que reflicte a historia do Hospital Psiquiátrico de Conxo, a partir de tres momentos emblemáticos: a súa fundación, en 1885, o conflito sindical desenvolvido nos anos da II República e, especialmente,... Ler máis