Porto/Post/Doc 2020: As pegadas do noso ser (II)
A nossa terra, o nosso altar (2020), de André Guiomar Continuando coa nosa crónica da Sección Internacional do Porto/Post/Doc 2020 (podes ler aquí a primeira parte) chegamos ao cineasta André Guiomar, premiado como director emerxente co seu filme A nossa terra, o nosso altar (2020). Unha obra que, sendo propiamente documental, recolle dende unha óptica social os últimos alentos do barrio social do Aleixo, no Porto. Un ollar ao proceso de xentrificación e mobilización... Ler máis
Porto/Post/Doc 2020: As pegadas do noso ser (I)
Partida (2020), de Caco Ciocler O festival Porto/Post/Doc xurdiu no ano 2014 coa vontade de programar e visibilizar o documental a nivel nacional e internacional na cidade invicta. Esta edición presentouse como unha reafirmación na súa aposta pola cultura e agasallou tanto aos espectadores como aos participantes con boas novas. A causa das restricións e limitacións que afectaron ao certame, que tivo lugar entre o 20 e o 29 de novembro, habilitouse unha modalidade de visionado... Ler máis
Número 39
Setembro é, sen lugar a dúbidas, o momento da volta ao cole. Volve a rutina laboral e volven as horas puntas e os espertadores ruxindo. Nós, que aproveitamos o verán ata o máximo, tamén estamos xa de volta na mellor das rutinas: a do cinema. É por iso que xa estamos a facer as maletas para asistir á citas ineludibles como o Festival de San Sebastián, Curtocircuíto, PortoPostDoc ou o Festival de Sevilla. Citas entre as que non estará o OUFF, festival defenestrado pola... Ler máis
PORTO/POST/DOC: ONDE ESTÁ O REAL?
É habitual que se organicen congresos ou seminarios temáticos de cinema nas universidades, pero non é moi común que estes teñan lugar no marco dun festival, co ritmo frenético que impón unha grella ateigada de filmes para ver; necesidade non sempre ben xestionada polos críticos de estar ao tanto de todo, a toda costa. Máis raro aínda é que a reflexión sobre os filmes vaia alén do debate posterior co director, polo menos durante o certame, dun xeito regrado, sen que... Ler máis
PORTO/POST/DOC: NOVA CHINCHETA NO MAPA DE FESTIVAIS
Nace un novo festival de documentais en Porto, e exclama orgulloso: “As nosas historias son reais”. En efecto. Esta é unha declaración de intencións para os cinéfilos e os profesionais do sector, que nos desprazamos ata a cidade lusa para gozar dunha semana de bo cinema do real, de “postdocumentários”, un termo que, semella, o certame quere asentar. A estratexia conceptual é ben interesante, vista a insistencia do festival, a través das súas actividades e na meirande... Ler máis