Vitorias agridoces dun camarada ianqui: Catro obras de Jon Jost
Last Chants for a Slow Dance (1977) Lembro estar vendo laSexta 3 (era pequeno, debía estar ou no último ano da primaria ou no primeiro da secundaria) e que falaran de Pulp Fiction como unha obra independente, barata, case underground. Non deixaban de repetir que a obra só custara oito millóns de dólares. “Só?”, preguntábase un novo e inocente Sohu. “Como que soamente oito millóns?”, repetía sen ser capaz de articular unha resposta. A miña mente preadolescente... Ler máis