THE IRISHMAN, de Martin Scorsese

A mesma historia échevos ben distinta asegún dende onde se conte, dende a intensidade do inmediato ou dende a distancia que dá o tempo. Algúns relatos retrospectivos, por exemplo, son capaces de manter o pulso do presente malia que teñan pasado décadas dos acontecementos aos que se refiren, como Goodfellas (Martin Scorsese, 1990), Casino (Martin Scorsese, 1995) ou The Wolf of Wall Street (Martin Scorsese, 2013); tres filmes eufóricos que reconstrúen con esmero e detalle,... Ler máis

ONCE UPON A TIME IN… HOLLYWOOD, de Quentin Tarantino

Modernidade sensorial É complicado facer a touro pasado un texto sobre unha película da que correron ríos de tinta no seu pase en Cannes en maio e máis tarde na súa estrea en territorio nacional. Tres visionados completos e moitísimas lecturas posibles sobre a cinta que me deixan a sensación de non ter conseguido nin rascar a superficie dunha obra tan inabarcable. Pregunto a compañeiros con criterio sobre desde onde abordarían a miña película favorita de 2019 e a que... Ler máis

O QUE ARDE, de Oliver Laxe

As magnas imaxes dun bosque sendo arrasado, revestidas de tanta épica coma dor, irrompen na pantalla. Pouco despois, un expediente penal pasa de man en man nun xulgado. “Este é o pirómano?”, coméntase sen que cheguemos a ver un só rostro, antes de descubrir a mirada aflixida de quen supoñemos é ese individuo. En oito minutos de cine memorable a ritmo de Vivaldi -ese Cum dederit reaparecerá máis adiante noutro momento crave- ata que Amador chega ao pobo, punto de... Ler máis

O MELLOR DE 2019

1-기생충 (Parasite, Bong Joon-ho, Corea do Sur, 2019) 2-Dolor y gloria (Pedro Almodóvar, España /Francia, 2019) 3- O que arde (Oliver Laxe, España / Francia / Luxemburgo, 2019) 4- Marriage Story (Noah Baumbach, EUA / Reino Unido, 2019) 5- Portrait de la jeune fille en feu (Céline Sciamma, Francia, 2019) 6- Once upon a time in Hollywood (Quentin Tarantino, EUA / Reino Unido / China, 2019) 7- The Irishman (Martin Scorsese, EUA, 2019) 8- So long, my son (地久天长, Wang... Ler máis

Número 42

30 anos atrás, Vigo era o epicentro do que se deu en chamar o “nacemento do cinema galego”. Sempre Xonxa, Continental e Urxa protagonizaban unha xornadas cinematográficas baixo o nome Cinegalicia; xornadas apoiadas por unha política cultural autonómica onde o cinema ocupaba un lugar chave. O evento deu paso á efeméride, e esta deu paso a unha celebración que cada 5 anos era motivo de exposicións ou proxeccións dos filmes participantes. Unha efeméride que,... Ler máis