THE IRISHMAN, de Martin Scorsese
A mesma historia échevos ben distinta asegún dende onde se conte, dende a intensidade do inmediato ou dende a distancia que dá o tempo. Algúns relatos retrospectivos, por exemplo, son capaces de manter o pulso do presente malia que teñan pasado décadas dos acontecementos aos que se refiren, como Goodfellas (Martin Scorsese, 1990), Casino (Martin Scorsese, 1995) ou The Wolf of Wall Street (Martin Scorsese, 2013); tres filmes eufóricos que reconstrúen con esmero e detalle,... Ler máis
TONI ERDMANN, de Maren Ade
Na primeira secuencia de Alle anderen (Maren Ade, 2009), a trintaneira Gitti tentaba mellorar a súa relación cunha nena pequena dun xeito pouco usual: logo de instala a exteriorizar o seu suposto odio, e tras recibir un disparo ficticio, deixábase caer na piscina para culminar unha sobreactuada catarse. Aquel estraño inicio, preludio dunha obra irregular que diseccionaba os roles dunha parella en crise forxaba un estilo propio en medio da invocación rosselliniana,... Ler máis