8ª MOSTRA DE CINEMA PERIFÉRICO (S8): CAMIÑOS DO CINEMA GALEGO

Entre a resaca de festivais coma Cannes e o parón do verán nas citas cinéfilas, Coruña segue fiel á súa cita co cinema experimental. A Mostra de Cinema Periférico (S8) goza dun estado de moi boa saúde, como as súas cifras de asistencia poden amosar. E é que acadar un 90% de asistencia durante unha semana de proxeccións é un síntoma de que a liña de programación capitaneada por Ángel Rueda e Elena Duque chega a un público aberto a todas as expresións do cinema... Ler máis