FOCO BRUCE ELDER: CINEASTAS ILUMINADOS

Antes de comezar a clase maxistral que impartiría uns minutos despois, Bruce Elder cruza o corredor de Numax a unha velocidade inusitada. Francisco Algarín, responsable do ciclo itinerante que levou ao director a varias cidades do Estado, xa o avisara: Elder é un cineastas dunha enerxía inesgotable ao que lle costou seguir durante os días de rodaxe que pasaron xuntos en Andalucía. Unha enerxía que tamén lle levou a percorrer múltiples disciplinas artísticas, sexa o cinema... Ler máis

PETER TSCHERKASSKY: MESTRE DA METRAXE ATOPADA

Primeiro había escuridade e xurdiu a luz. Con estes dous elementos, Peter Kubelka lograba conectarnos coas nosas orixes primixenias nun filme tan primario como Arnulf Rainer (1960), obra mestra de todo un movemento de artistas de vangarda austriacos – a primeira xeración – que deixarían fondas pegadas no cinema do seu país, hoxe en día á cabeza deste tipo de películas. Se cadra en contestación a isto, a segunda xeración do accionismo vienés, influídos por... Ler máis

CINEMA E DOENZA MENTAL

O cinema abordou en moitas ocasións o tema da doenza mental. Pensemos, por exemplo, en Spellbound (Alfred Hitchcock, 1945) ou Marnie (Alfred Hitchcock, 1964), onde hai un doente e unha concepción da psicanálise un pouco inxenua: a lembranza do trauma propiciará a curación (concepto abandonado por Freud nos inicios da súa elaboración, ao observar que o saber non curaba) sempre que, claro está, concorra o amor. Podemos pensar así mesmo en Woody Allen, que fixo da súa... Ler máis

SITGES 2013 (3/4): METACINE E XÉNERO

Unha das constantes nas últimas edicións do festival de Sitges foi a maneira na que o xénero soubo reflexionar sobre si mesmo, con exercicios metacinematográficos de diversa índole, que teñen como principal intención realizar unha deconstrución narrativa e estética das películas das que beben. Este ano non foi menos, e a selección deixou unha boa nómina de propostas parecidas. Nada máis chegar ao festival, gozabamos da última delicia de Jafar Panahi. O autor iraniano... Ler máis

JAN ŠVANKMAJER, O SACERDOTE DOS OBXECTOS

Director, artista gráfico, escultor, poeta e embaixador do surrealismo, Jan Svankmajer naceu no ano 1934 e produciu ata a data unha inxente cantidade de obras audiovisuais que involucran diversas técnicas de animación. Formouse no Colexio de Artes aplicadas de Praga e logo no Departamento de Marionetas da Academia de Artes Escénicas de Praga. Malia que as súas primeiras obras datan da década do sesenta, non foi coñecido no mundo occidental ata mediados dos oitenta. Foi... Ler máis

BELOFF: PANTASMAS FOTOGRÁFICAS DA PSIQUE

Se entendemos a arte como medio para comprender mellor o mundo e a nós mesmos, a neoiorquina Zoe Beloff ocuparía nesa concepción un espazo entre o etéreo e o físico, o espírito e a carne, o universo coñecido e o máis aló. Non debera interpretarse a súa afirmación de que é unha médium, “unha interface entre a vida e a morte, entre o real e o imaxinario”, en clave simplemente esotérica, senón nunha liña poética e mesmo conceptual. Non temos todos algo de tolos?... Ler máis