Brais Romero Suarez

Artigos de Brais Romero Suarez:

    SOL MUSSA: “FACER CINE É COMA PINTAR UN CADRO”

    Nas súas dez edicións, a (S8) Mostra de Cinema Periférico de A Coruña apostou sempre de forma clara polo cinema experimental feito en Galicia. Sinais en curto ten sido o lugar de cita de autores xa consagrados, como Alberte Pagán, ou novas voces, como Lara e Noa Castro. Por isto, non é casualidade que nesta edición apareza o cinema de Sol Mussa (Vigo, 1996), unha xove directora... Ler máis

    KIDLAT TAHIMIK: “SON UN CONTADOR DE HISTORIAS CON MOITAS IDEAS QUE QUERO CONTAR”

    Fotografía: Tamara de la Fuente Kidlat Tahimik (Baguio, 1942), considerado o pai do cinema independente filipino, foi un dos grandes convidados do XV Festival Internacional de Cinema Play-Doc. O seu cinema, sempre cargado dunha forte crítica ao capitalismo e ao colonialismo, aproveita as ferramentas do humor para cambiar o mundo. O seu carácter, fai xustiza ao seu cinema. Mentres... Ler máis

    KIDLAT TAHIMIK, MESTRE DE CINEMA

    A política internacional do pasado século estivo protagonizada, alén de Guerras Mundiais, por un proceso de descolonización das nacións occidentais en África, Asia e América Latina. Filipinas é un dos países que, primeiro a mans dos españois, despois dos ianquis e dos xaponeses sufriu diversas invasións. Por iso, non é de estrañar que Kidlat Tahimik (Baguio, 1942)... Ler máis

    HAMADA, de Eloy Domínguez Serén

    Falar do cinema de Eloy Domínguez Serén é falar dun cinema de diásporas. O seu anterior filme, Ingen Ko Pa Isen (2015) exploraba a experiencia migratoria e a aprendizaxe dunha lingua en primeira persoa. Antes, tamén se achegaba a estes outros lugares e as estas persoas desprazadas dunha ou outra forma. Jet Lag (2014) non é outra cousa que un thriller que nace da intención... Ler máis

    TROTE, de Xacio Baño

    Hai case un ano, Ángel Suanzes publicaba en A Cuarta Parede un texto no que daba conta da produción que se achegaba para o 2018 e a súa relación coa lingua. O texto tamén servía para sinalar a grande produción que se achegaba neste ano que agora remata, ano no que o cinema galego (e en galego) seguiu a loitar por un espazo nas salas de cinema. Este é o caso de Trote (Xacio... Ler máis

    SEFF 2018: LAS NUEVAS OLAS

    Festival de Sevilla significa Las Nuevas Olas. Esta sección é o tradicional lugar de refuxio para aquelas películas arriscadas e innovadoras, as que se atreven a cruzar os límites do cinema para trazar camiños aínda non descubertos ou dinamitar polos aires o que xa existe. Ser público desta sección supón abrir os ollos e deixarnos levar polos filmes, xulgándoos só cando... Ler máis

    VÍCTOR MORENO: “GUSTÁBAME A IDEA DE ABRIR CON FORZA O CORPO DA CIDADE E ATOPAR NO SEU INTERIOR A ALMA”

    Víctor Moreno (Tenerife, 1981) é máis coñecido por ser o responsable de Edificio España (2012) documental que o banco Santander intentou censurar. O seu cinema explora espacios urbanos  coa capacidade analítica dun bo observador. A súa ollada desestrutura os espazos e ás persoas, conseguindo filmar imaxes que permanecen ocultas para o ollo no día a día. Víctor presentou,... Ler máis

    SEFF 2018: SECCIÓN OFICIAL

    A sensación ao chegar a un gran festival é a de querer velo todo. Unha ollada ao horario amosa a grandísima variedade de opcións e filmes programados que, mentres non se resolva a posibilidade da ubicuidade, se solapan e contraprograman. Comeza aí o tetris de filmes tradicional, a selección de que ver e cando, que remata por derivar nunha experiencia única e persoal a cada... Ler máis

    SCOTT STARK: “QUERO QUE O ESPECTADOR SEXA CONSCIENTE DO PROCESO DA FILMACIÓN”

    Foto: María Messeguer Baixo o nome ‘As regras do xogo’, a novena edición do (S8) Mostra de Cinema Periférico achega unha selección de filmes do director estadounidense Scott Stark. Os seus filmes caracterízanse por nacer dunha sorte de xogo de Scott co proceso da filmación/montaxe, obtendo resultados dispares que van desde a ironía de Probability (1985), a hipnose visual... Ler máis

    PROCESOS #28: XISELA FRANCO

    Xisela Franco (Vigo, 1978) é un dos referentes do cinema galego máis experimental. As súas obras, que combinan técnicas do cinema observacional máis puro ata a proxección sobre espazos ou corpos reais, teñen xirado por todo o mundo. Porén, Xisela é unha artista interdisciplinar que combina o cinema coas actividades docentes, entre as que destaca o proxecto de Mestrado... Ler máis