Horacio Muñoz Fernández

Artigos de Horacio Muñoz Fernández:

    MEEK’S CUTOFF, de Kelly Reichardt

    A FRONTEIRA, A MULLER E O SALVAXE · “A conquista do Oeste é sempre un movemento, o termo western unha dirección” Cleia Cohen O mito da fronteira Ambientada en 1845 en Oregón, Meek´s Cutoff móstranos o errático movemento polo deserto dunha caravana de colonos formada por 7 membros en dirección á terra prometida. Kelly Reichardt recolle e destila todo a épica da conquista... Ler máis

    EROS E THANATOS

    Un repaso a algunhas películas contemporáneas con motivo da estrea de Restless Así tu muerte despierta en mí el deseo de la muerte como tu vida despertaba en mí el deseo de vida Luis Cernuda1 “Eros e Thanatos- este é un arquetipo ancestral2” dicía Cesare Pavesse ao final do seu diario. E é que a morte apareceu na cultura occidental moitas veces como a meta da paixón... Ler máis

    ESES MESTRES QUE NOS GUSTARÍA TER

    PEDAGOXÍA DA IMAXE: STRAUB-HUILLET / BENNING / GODARD E para aprender, é necesario ir á escola. Non tanto á escola da vida coma ao cine como escola. Serge Daney Malia as súas heteroxeneidades e diferenzas, estes cineastas, a través de obras claramente afastadas dos códigos dominantes da representación, intentan transmitir unha pedagoxía da imaxe, mediante un cuestionamento... Ler máis

    GUÍA DE COMPLEJOS, de José Luis Molinuevo

    As series de televisión son un útil comodín nas conversas diarias. Algo así coma o tempo meteorolóxico. A ficción televisiva converteuse nun tema recorrente que nos permite establecer contacto seguro e fiable, xa que todo o mundo parece enganchado a unha. É máis, coa xente que habitualmente nunca tivemos nada de que falar, de súpeto, atopamos unha base común nos nosos... Ler máis

    RECONFIGURACIÓNS DO CINEMA POLÍTICO

    Pero no momento que falla o modelo de autenticidade na produción artística, revolucionouse toda a función social da arte. O seu fundamento non aparece no ritual, senón nunha praxe diferente: a saber, o seu fundamento aparece na política1. Walter Benjamin Que función pode ter hoxe en día o cinema político nunha sociedade na que a política e os políticos están en descrédito?... Ler máis

    O ESTRANHO CASO DE ANGÉLICA, de Manoel de Oliveira

    Sesenta anos foron os que o cineasta luso tardou en poder materializar Angelica (1951), un guión que partía dunha experiencia persoal cunha curmá: “A moza, moi bela, achábase tendida nun canapé azul, no centro dun salón. Os seus cabelos eran dourados e estaba vestida de branco, como unha noiva. Eu levaba comigo unha cámara Leica, que no acto de enfocar producía un desdobramento... Ler máis

    ENTRE O CINEMA TRANCE E A ETNOGRAFÍA

    Cineasta, actriz, activista e teórica. Dicía Bill Nichols de Maya Deren que “a súa filosofía e estética, cunha formidable insistencia na dimensión ética da arte, continúa sendo inapreciada, mentres que o seu status como feminista pioneira e promotora emprendedora parece encaixar máis confortablemente coas realidades do cómodo mercado da arte e da creación de reputacións... Ler máis

    GODARD EXPLICADO ÓS APÁTICOS

    Aínda que non existan traducións dos libros de Antoine de Baecque e Richard Brody sobre o cineasta francés, o mercado editorial en lingua castelá prové unha mostra interesante de ensaios, estudos, monográficos e biografías consagrados á figura de Jean-Luc Godard. Se facemos un rápido e breve repaso a modo de mero ‘título informativo’, habería que destacar:... Ler máis

    EL ÚLTIMO VERANO, de Jacques Rivette

    LOITO E MELANCOLÍA ·  No cine de Jacques Rivette o teatro convértese nunha casa La bande des quatre (1988) e a casa nun teatro L´amour par terre (1984). O teatro é mecanismo e vía de acceso ao territorio das pantasmas. En 36 vues du Pic Saint-Loup (2009), Rivette cambia o teatro polo circo. A pantomima do circo será o mecanismo axeitado para exorcizar as pantasmas do... Ler máis

    MUTACIÓNS DO CINEMA POSMODERNO

    O último e extenso libro de Gerard Imbert podería ser visto como unha continuación de Postelevisión, pero desta volta o seu traballo ensaístico incide sobre os imaxinarios sociais presentes no cine posmoderno. Uns imaxinarios colectivos que Imbert define “como representacións flotantes, máis ou menos conscientes, que inflúen na nosa comprensión da realidade e afectan... Ler máis