A CUARTA PAREDE SORTEA UNHA ENTRADA DOBRE PARA ‘OSCURO Y LUCIENTES’

A Cuarta Parede pon en marcha un sorteo para agasallar aos lectores da revista unha entrada dobre para o pase de Oscuro y Lucientes (Samuel Alarcón, 2018) o día 7 de Xaneiro nos Cinemas Numax.

Participar neste sorteo é moi doado. Tan só tes que seguir a A Cuarta Parede en Facebook ou en Twitter e enviarnos un correo á dirección info@acuartaparede.com co teu nome completo e DNI. No correo electrónico teredes que poñer no asunto “Sorteo Goya“; no corpo do texto, ademais do voso nome e DNI, incluír o voso usuario na rede social na que sigades a A Cuarta Parede. Tedes ata o 31 de decembro de prazo para participar. O nome do gañador darase a coñecer o día 3 de Xaneiro.

FOTO-OYL_1067

«Oscuro y Lucientes é o relato da desaparición da cabeza do pintor Goya e da aura de misterio que envolve este suceso, pero tamén sobre como ás veces, a casualidade, o destino, o que sexa, parece anticipar e pronosticar o que está por vir. O filme, conducido por unha profunda e impactante voz en off, percorre os mesmos lugares que a historia póstuma de Goya: o seu último fogar, o cemiterio onde o soterraron, a igrexa que deixou de selo para gardar os restos do pintor en Madrid. Alarcón opta por unha realización pausada, calma, onde os movementos de cámara son case anecdóticos, para deixar que a voz, o relato, inunde eses espazos, agora vistos co prisma do presente, coa historia pasada. Unha historia que funde o documental máis puro coas fórmulas do thriller, creando momentos de tensión, cliffhangers, e todos os requisitos para crear un filme que por veces parece a adaptación dun relato de Agatha Christie.

Precisamente é a inverosimilitude da historia, e da que prefiro deixar ao espectador a tarefa de descubrir, a que achega o filme a obras como F for fake (Orson Welles, 1973) onde a mentira está tan ben contada que semella real: “se non è vero, è ben trovato”, que diría a expresión italiana. O filme desenvólvese como un puzzle onde as pezas vanse dosificando aos poucos, deixando espazo para a sorpresa, o comentario e a busca do fío condutor que une todo esta serie de sucesos. Alarcón achégase coa mirada analítica coa que Greenaway se achegaba a Rembrandt en Rembrandt J’accuse…! (2008), intentando resolver o misterio que se agocha tras a desaparición da cabeza de Goya.» Brais Romero

Comments are closed.