PLAY-DOC 2014: O ANO DA FICCIÓN DOCUMENTAL

Hai unhas semanas tiven o privilexio de asistir ao seminario ‘A Crítica Intermedia’ dentro das actividades do Festival Play-Doc de Tui. No marco deste curso, déronnos a posibilidade de escribir unha crítica ou unha crónica entroutras opcións para publicar n’A Cuarta Parede. Por que explico todo isto? Pois porque quería ofrecer a miña visión do festival, mais non sabía moi ben que elixir, xa que foron moitos os traballos audiovisuais que me gustaron.... Ler máis

JUNTOS, de Nicolás Pereda

O cine do realizador mexicano Nicolás Pereda caracterízase por un gusto pola repetición que se estende ao longo de toda a súa obra, así como por unha tendencia a fuxir dos xéneros habituais do cinema de non-ficción. A simple vista, a súa obra non semella achegada á caste de documental que se exhibe no Festival Play-Doc de Tui. É mais, o propio director mesmo recoñeceu que el non diferencia entre a ficción e o documental, posto que en ocasións a verdade se agocha... Ler máis