Banner Cinegalicia2019

Imos facer trinta anos dentro de pouco. Hai xente que cre que é un aniversario algo traumático que celebrar: había aquel dito da contracultura dos anos sesenta que recomendaba non fiarse de ninguén de máis de trinta, pero daquela a xente de máis de trinta probablemente estaba xa pagando hipotecas e criando bebés. Nós somos máis ben o que La Voz de Galicia… Ler máis

Textos transversais

Desde Sempre Xonxa e Urxa até hoxe. Hai polisemia nas paisaxes do noso cinema?


A mirada a Galicia debe ser polisémica e plural. E debe estar, porque o está, ligada á paisaxe. Con todo, o problema vén no intento de definir o propio termo paisaxe desde un ángulo limitado. Nunha fase de produción e consumo de imaxes estereotipadas, onde o urbano e o rural conviven nunha reducida simplificación dos seus significados, a paisaxe parece restrinxirse a un rol icónico e pasivo. Como unha lánguida posta en escena destinada ao goce das… Ler máis

Atravesadas polo cinema


Era o ano 1989 e disque nacía o cinema galego. Botando man do arquivo encontramos esceas deste parto en diferido: as Xornadas Cinegalicia 1989, celebradas no cine Fraga de Vigo. Nas imaxes, directores, produtores, actores e actrices enchen a sala. Urxa, Continental e Sempre Xonxa están a piques de colocar Galiza na constelación cinematográfica da época. Tres filmes como tres soles, tres filmes de catro homes –Carlos Aurelio López Piñeiro e Alfredo… Ler máis

Os filmes de Cinegalicia

Continental, de Xavier Villaverde


Continental foi a película elixida para abrir Cinegalicia o 23 de novembro do ano 1989. Estaba dirixida por Xavier Villaverde, que xa tiña certo percorrido no audiovisual, especialmente no vídeoarte e a curtametraxe. Continental era a súa primeira e prometedora longametraxe, que lle valeu a candidatura ao Goya como mellor director novel. Villaverde quixo experimentar cos esquemas do cine de gánsteres feito dende Galicia. Non obstante, Continental non… Ler máis

Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro


Escribo isto porque un día por gmail chegou o encargo de apañar “unha crítica de Sempre Xonxa, pero é difícil sacar adiante unha crítica de Sempre Xonxa, trinta anos despois, sen sentir que nos dedos latexa un pulso de impertinencia; unha certa gravidade. Pero niso estamos. O que vén agora non é tanto unha crítica como unha sucesión bardalleira de reflexións breves e nebulosas que dan voltas alporizadamente ao redor dunha rotonda –sendo esa… Ler máis

Urxa, de Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal


O 24 de novembro de 1989, no Teatro Cine Fraga de Vigo, tiña lugar a estrea pública de Urxa, escrita e dirixida por Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal, durante a segunda xornada daquel fito histórico chamado Cinegalicia. Tal e como apuntaban algunhas crónicas do momento, o filme partía dende o inicio como o “patiño feo” (Acuña, 1989) da selección, e pasou relativamente desapercibido en comparación coas outras dúas longametraxes que conformaron… Ler máis