Víctor Paz Morandeira

Artigos de Víctor Paz Morandeira:

    Curtocircuíto 2021: Radar, o cinema máis narrativo, que non convencional

    Un ano máis, o festival Curtocircuíto reuniu unha boa escolma do cinema mundial máis á vangarda na súa competición internacional. Radar é a sección para aquelas propostas, como ben se encargaba en anunciar o programador Brais Romero ao inicio de cada pase, que entran máis no “cinema narrativo, que non convencional”. Unha boa forma de definir, por exemplo, os dous filmes... Ler máis

    No Time To Die, de Cary Joji Fukunaga

    A FIN DUNHA ERA (DE BLOCKBUSTERS) Hai películas que, sen acabar de gustarnos, espertan en nós o desexo irrefreable de escribir sobre elas. Isto mesmo me pasou con No Time To Die (Cary Joji Fukunaga, 2021), despedida de Daniel Craig a James Bond. Poderiamos dicir que se move entre o épico e o íntimo, ou que fai gala dun melodramatismo acusado, ou que está composta por un sen... Ler máis

    Bette Gordon: O hábito de (des)agochar

    “A exploración da sexualidade foi un factor crucial na creación da súa conciencia feminina. Pareceulle que non se pode atopar o poder ata que se teña recoñecido a falta (de poder)”. Empty Suitcases (1980) Bette Gordon, a quen pertencen as palabras que abren este artigo e que condensan unha das ideas máis poderosas da súa obra, é unha das cineastas homenaxeadas este... Ler máis

    Luis López Carrasco: “Todo relato que un intente desenterrar é unha interpretación en presente que se superpón a relatos previos”

    Luis López Carrasco (© Alicia Seoane – DUPLEX Cinema) Luis López Carrasco realizou a que sen dúbida foi a película española de 2020: El año del descubrimiento (para algúns, como eu, simplemente, a película do ano). Documental que parte dun feito como a queima do Parlamento murciano en 1992 tras unha vaga de folgas e manifestacións, motivadas por despedimentos masivos... Ler máis

    O retorno do padawan

    É ben sabido que 隠し砦の三悪人 (La fortaleza escondida, Akira Kurosawa, 1958) foi unha referencia absoluta para George Lucas á hora de concibir a orixinal guerra das galaxias nos anos setenta. De feito, a estrutura do filme pode case verse como unha adaptación da do nipón, algo que o de California recoñece sen rubor e ata con orgullo. Se Star Wars (George Lucas, 1977)... Ler máis

    Fon Cortizo: “O cinema é unha arte de creación colectiva e eu quería recuperar esa esencia”

    Fon Cortizo propón 9 fugas (2020) que son tanto musicais como cinéticas na súa segunda longametraxe tras Contrafaces (2015). Presentada onte no Festival Internacional de Cinema de Xixón, que este ano se fai enteiramente online, pode verse en Filmin ata o 26 de novembro ás 20 horas, sempre que non se superen os 1.000 visionados marcados como tope desta sorte de salas virtuais.... Ler máis

    Play-Doc 2020: Xeografías humanas

    Non é novidade que os festivais, debido á pandemia de Covid-19, deban este ano optar por solucións creativas, que pasan en moitos casos pola celebración de parte da súa programación en formato online. Foi o caso co Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui, que, ante o aforo reducido no teatro municipal, decidiu saír á rúa en moitas das súas actividades, apostando... Ler máis

    Indielisboa 2020 (2/2): Notas dun festival relaxado

    Comentabamos xa na nosa anterior crónica do Indielisboa que foi un verdadeiro pracer poder acudir a un festival no que o cinema acontecera na gran pantalla. Por moi práctico que sexa ver filmes dende a comodidade do noso sofá; camiñar pola cidade, atoparte con vellos colegas e coñecer outros novos, estar na intimidade dunha sala ben acompañado, mais ao tempo, ti só co filme... Ler máis

    Indielisboa 2020 (1/2): Reivindicación da negritude

    Co movemento Black Lives Matter cada vez máis presente no contexto político actual, o Indielisboa propúxose este ano recordarnos que esa toma de conciencia non debe quedar só na creación de estratexias de inclusión que permitan ás comunidades negras obter unha maior cota de representación, auspiciada por eles propios e, sobre todo, que sexa a correcta e fóra de estereotipos... Ler máis

    ZOMBI CHILD, de Bertrand Bonello

    Á SOMBRA DE TOURNEUR, UNHA NOVA REVOLUCIÓN A obra do francés Bertrand Bonello ten transitado decotío por distintas modulacións do cinema de xénero cunha vontade claramente política e un estilo inmersivo, lonxe porén do expresionismo barroco que abunda nos filmes de terror da actualidade. O último do galo, Zombi Child (2019), responde perfectamente a esta redución da súa... Ler máis