Víctor Paz Morandeira

Artigos de Víctor Paz Morandeira:

    ZOMBI CHILD, de Bertrand Bonello

    Á SOMBRA DE TOURNEUR, UNHA NOVA REVOLUCIÓN A obra do francés Bertrand Bonello ten transitado decotío por distintas modulacións do cinema de xénero cunha vontade claramente política e un estilo inmersivo, lonxe porén do expresionismo barroco que abunda nos filmes de terror da actualidade. O último do galo, Zombi Child (2019), responde perfectamente a esta redución da súa... Ler máis

    NOS DÉFAITES, de Jean-Gabriel Périot

    PEDAGOXÍA FÍLMICA REVOLUCIONARIA Hai quen pensamos que algo non vai ben na Quinta República Francesa. Un réxime un pouco caduco cun taboleiro político que treme decotío: un día son os chalecos amarelos, outro a cíclica insurrección de banlieu, ou o baile de apoios a novos ou renovados partidos en cada elección (véxase agora os Verdes, antes Macron, por momentos a Fronte... Ler máis

    PAULA CONS: “QUERÍA MOSTRAR QUE ESTAS SEÑORAS MARIÑEIRAS PODEN SER AS PROTAGONISTAS DUN THRILLER”

    Entrevista en tempos do coronavirus. Por insistencia deste xornalista, prodúcese en persoa nunha coñecida cafetería compostelá; iso si, máscaras mediante. O encontro é con Paula Cons, que estrea este venres 24 de xullo en Filmin A illa das mentiras (2020), unha ficcionalización do afundimento do Santa Isabel en 1921 na illa de Sálvora, onde unhas mariñeiras salvaron 48... Ler máis

    FIRST LOVE, de Takashi Miike

    NIHILISTA E AGUDAMENTE LIXEIRO MIIKE “O ser humano é unha comedia, (…) dáo todo por encaixar, ata o punto que parece ridículo”. Son palabras de Takashi Miike en reflexión sobre a súa obra na campaña de promoción do seu último filme de estrea en España, First Love (初恋, 2019), e, debemos dicir que, por unha vez, último filme en xeral. Non sabemos se é a idade... Ler máis

    CURTOCIRCUÍTO 2019: EXPLORA, PERSOAL ABSTRACCIÓN

    Se tivésemos que sintetizar a diferencia entre as seccións Radar e Explora do festival Curtocircuíto, seguramente o xeito máis sinxelo de facelo sería falar de figurativo e abstracto. Sen entrar en grandes detalles, dende logo este ano non nos equivocaríamos. E, con todo, sendo as formas dalgunhas películas tan dispares, queda un coa sensación de que o fondo comparte moitas... Ler máis

    CURTOCIRCUÍTO 2019: RADAR, REVOLUCIÓN, RESISTENCIA!

    “Sí, señor, sí, señor, somos la revolución, tu enemigo es el patrón, somos la revolución…” Alguén recorda esta letra de Ska-P? Nela entoaban alto e claro: resistencia, resistencia, de-so-be-dien-cia. Ao pouco de publicarse El vals del obrero en 1996, eu xa era un fan incondicional dos de Vallecas. A meus pais rebentáballe os oídos e dicían que non inventaran... Ler máis

    EL HOTEL A ORILLAS DEL RÍO (강변 호텔, HONG SANG-SOO, 2018)

    Contemplar cada novo filme de Hong Sang-soo supón mergullarse nun universo de profundas ramificacións que nos leva dunha película a outra, realizando conexións continuamente coas súas constantes temáticas e formais. É como de se fita a fita establecese unha sorte de rimas e a súa obra completa rematase por ser un grande poemario. Curioso logo que o seu último protagonista... Ler máis

    Eloy Enciso: “A forma de traballar segue iso que din straub e huillet, facer a revolución é volver pór no presente cousas moi antigas pero esquecidas”

    Eloy Enciso presenta a súa terceira longametraxe nuns días a competición en Locarno. Longa noite (2019) supón unha depuración formal da indagación que xa existía en Arraianos (2012), con elementos como a palabra utilizada como materia prima, atendendo á musicalidade do verbo con actores non profesionais, ou o uso de referencias literarias para os diálogos, que neste caso... Ler máis

    BRUCE WEBER: A SUBLIMACIÓN DA MASCULINIDADE E ALGO MÁIS

    O foco que Play-Doc lle dedica a Bruce Weber permítenos agora repasar a filmografía dun cineasta ocasional que está considerado coma un dos máis grandes fotógrafos de moda dos últimos trinta anos. Se ben tratar das súas instantáneas non resulta aquí o noso principal obxectivo e o volume de obra é inabarcable, as imaxes estáticas e en movemento que o norteamericano produce... Ler máis

    BLUE, de Apichatpong Weerasethakul

    BLUE: A IMPOSIBILIDADE DE CONCILIAR O SONO O Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand permitiunos descubrir en pantalla grande, na súa sección internacional, a última obra do tailandés Apichatpong Weerasethakul: Blue (2018). Trátase dunha evocadora peza non narrativa que nos mergulla no mundo dos estados adormecidos do seu autor, só que cunha interesante... Ler máis