Víctor Paz Morandeira

Artigos de Víctor Paz Morandeira:

    Locarno 2022: Modulacións do real

    Tales of the Purple House (Hikayat elbeit elorjowani, Abbas Fahdel, 2022) As cámaras captan en esencia a vida, mesmo coas tramas máis fantasiosas. Poderiamos así afirmar que o cinema do real é un dos máis puros que existen. A 75ª edición do Festival de Locarno deunos bos exemplos. O premio do xurado ecuménico recaeu en Tales of the Purple House (Hikayat elbeit elorjowani,... Ler máis

    Locarno 2022: Non é certame para vellos

    Stella est amoureuse (Sylvie Verheyde, 2022) Permítaseme iniciar esta crónica cunha confesión: creo que non hai xénero máis numeroso e habitualmente mediocre nos festivais de cinema que as historias coming of age. Por algún motivo, lexións de cineastas cren que contar o que lles pasou na adolescencia debe interesar á cinefilia mundial, como se fosen as únicas persoas que... Ler máis

    Locarno 2022: Fantástica lusofonía

    Nação Valente (Carlos Conceição, 2022) Regra 34 (Julia Murat, 2022) —xa falamos aquí dela— levou o premio gordo no pasado Festival de Locarno. Non foi a única película lusófona en rascar algo no palmarés e, en concreto, houbo outros dous filmes falados en portugués moi salientables que, como xa apuntamos na nosa primeira crónica, se atreveron a usar elementos do cinema... Ler máis

    Locarno 2022: Un xénero en si mesmo

    Piazza Grande de Locarno “Non creo necesariamente na división entre o cinema de xénero e o de autor”. Son palabras do director artístico do Festival de Locarno, Giona A. Nazzaro, en conversa con Geoffrey Macnab para o número de agosto de 2022 de Screen International. Excusiato non petita, que se adoita dicir por aquí. O pasado ano, na primeira edición que el capitaneaba,... Ler máis

    Play-Doc 2022: Cinema galego

    Tatuado nos ollos levamos o pouso (Diana Toucedo, 2022) Un ano máis, o Play-Doc deu conta da diversidade do cinema galego de non ficción con propostas que ían dos retratos canónicos con entrevistas ao cinema observacional, da contemplación pictórica ao uso de actores en contextos reais, ou que chegaban mesmo á utilización de drons con obxectivos narrativos e de documentación... Ler máis

    Danny Lyon: Retratista do desarraigo

    Un ano máis o Play-Doc de Tui volve exhibir músculo coas súas retrospectivas. Entre o 4 e o 8 de maio poderase ver no festival tudense a obra de Danny Lyon, reputado fotógrafo cuxa traxectoria cinematográfica é absolutamente descoñecida. Este ciclo é o primeiro que se lle organiza a nivel internacional, fóra dos seus natais Estados Unidos. ‘Estados Quebrados’... Ler máis

    Flee, de Jonas Poher Rasmussen

    IDENTIDADE REPRIMIDA En 2008 un israelita chamado Ari Folman dirixía un filme documental de animación que cambiaría a forma na que percibimos o xénero. Ese título, Vals con Bashir, partía dunha serie de entrevistas e usaba os debuxos para reproducir aquilo que non era representable. Os sionistas fixeran esforzos por agochalo. Falamos da primeira guerra do Líbano, a inicios... Ler máis

    Festival de Sevilla 2021: Petiscos cinéfilos

    Logo dun ano pandémico no que o Festival de Sevilla se fixo só para o público local (alén de actividades online para industria), puidemos volver ás salas nunha edición que estivo moi cargada emocionalmente, pois por fin nos viamos e tocabamos tras ano e medio comunicándonos a través de pantallas. As do cinema déronnos mostra de que a sétima arte goza de boa saúde. É... Ler máis

    A ruleta da fortuna e a fantasía, de Ryûsuke Hamaguchi

    A OBRA MESTRA DO CINEASTA DO MOMENTO O nipón Ryûsuke Hamaguchi é posible que sexa un dos realizadores máis prolíficos do panorama actual (con permiso de Hong Sang-soo). Ten só 42 anos e 15 títulos xa na súa filmografía, aínda que só verdadeiramente catro que se movesen a nivel internacional. Fican os outros por descubrir, supoño. O terceiro que nos chega a Occidente... Ler máis

    Curtocircuíto 2021: Explora, formas de experimentación

    Curtocircuíto deixa reservada a súa sección Explora para as propostas máis experimentais. Este ano levou o premio principal Surviving You, Always (2021), do artista visual multidisciplinar Morgan Quaintance. Trátase dunha colección de fotos fixas, un pouco ao estilo de La Jetée (Chris Marker, 1962), que presenta a historia dun amor adolescente sumido nun mar de drogas psicodélicas,... Ler máis