O MELLOR DE 2020

Sendo fieis o espírito de todos os decembros, A Cuarta Parede volve a preguntarlle ás súas colaboradoras sobre o balance do ano. Porén, neste ano tan estraño decidimos pasar das típicas listaxes do “mellor” para preguntarlles que tal foi o ano para elas en termos de cultura. Non importa se viron dez ou tan só un filme estreado en 2020, se pasaron os días refuxiadas nas series ou se estiveron vendo as rúas baleiras desde a súa xanela. Este ano impórtannos... Ler máis

NURIA GIMÉNEZ LORANG: “PUIDO COMIGO A FASCINACIÓN POLAS IMAXES E A TENTACIÓN DE PODER FACER CON ELAS O QUE QUIXESE”

Após un éxito que non imaxinaba cando atopou anos de filmacións caseiras entre as pertenzas do seu avó, a directora Nuria Giménez Lorang visita Pontevedra no marco do Festival Novos Cinemas, onde quedo con ela para falar sobre a súa primeira longametraxe, a recentemente estreada My Mexican Bretzel (2020), e o seu proceso de creación.  De onde xorde a necesidade de manipular as imaxes das bobinas que atopa após o pasamento do seu avó? Xa de por si, a bobina como obxecto... Ler máis

PORTO/POST/DOC 2020: AS PEGADAS DO NOSO SER (I)

Partida (2020), de Caco Ciocler O festival Porto/Post/Doc xurdiu no ano 2014 coa vontade de programar e visibilizar o documental a nivel nacional e internacional na cidade invicta. Esta edición presentouse como unha reafirmación na súa aposta pola cultura e agasallou tanto aos espectadores como aos participantes con boas novas. A causa das restricións e limitacións que afectaron ao certame, que tivo lugar entre o 20 e o 29 de novembro, habilitouse unha modalidade de visionado... Ler máis

MY MEXICAN BRETZEL, de Nuria Giménez Lorang

“Que é a realidade senón unha reconstrución continua e infinita?”, formula un descoñecido Paravadin Kanvar Kharjappali durante o transcurso de My Mexican Bretzel. A recentemente estreada ópera prima de Nuria Giménez Lorang non refuta as súas costuras fílmicas; tan só semella agochalas tras o envoltorio dun melodrama intimista, que non deixa de remitir á obra de Margerite Duras, sobre a vida dunha parella europea de clase alta entre as décadas dos 40 e 60 do século... Ler máis