Tatiana Macedo: “Gústanme as imaxes nas que non sinta o cadrado ou rectángulo, que me proxecten para fóra da imaxe”

Dúas capturas de A Intérprete, unha das pezas de ‘Foreign Grey’ 16h en Lisboa, 17h en Granada. Martes 3 de novembro. Entrevisto a Tatiana Macedo (Lisboa, 1981) por videochamada con motivo do foco que se lle acaba de adicar na Coruña, no marco do Festival Intersección. Comezo a entrevista cunha pregunta que a autora lisboeta encontra vasta, pero á que intenta dar resposta tamén ao longo de toda a conversa. Por que produces imaxes? Penso que xa produzo imaxes cando... Ler máis

Intersección 2020: Hipocampo e radicalidade

4 apuntamentos que atravesan Lume e Inside the Microtubule, dúas pezas da sección Galicia do Festival Intersección 2020. Captura de ‘Inside the Microtubule’, recollida no Instagram de Judith Adataberna Imaxe mental e imaxe física No enfrontamento a calquera imaxe xérase unha imaxe interior. É dicir, ante unha imaxe exterior ao noso corpo humano -unha imaxe física- hai unha proxección interna, de forma que os conceptos de imaxe física e imaxe mental entran... Ler máis

Número 44

Fotografía: María Meseguer Sumidos aínda na vertixe deste ano atípico, que pouco a pouco vai chegando ao seu fin, os meses de verán e outono supuxeron unha ventá a unha certa “normalidade”, que nos permitiu retomar unha das nosas actividades favoritas: asistir a festivais de cinema. Foi un ano para poñer en valor a importancia destes espazos nos que compartir e crear comunidade arredor das películas, algo tan necesario nos tempos que vivimos. Despois da cancelación... Ler máis

INTERSECCIÓN 2019: A QUE SABE A VÍDEO ARTE GALEGA?

No cruzamento das artes plásticas e o cinema de vangarda xérase un espazo no que se acomoda por segundo ano o Festival Intersección. Na Coruña atopáronse na pantalla de sección galega as obras de Verónica Vicente, Carla Andrade, Carme Nogueira, Félix Fernández, Lara e Noa Castro, Edu Fernández, Alberte Pagán, Iria Vázquez, Iago Eireos, Cillas Rodríguez, Teresa Búa e Vázquez/Arrieta. A que sabe este bocado á vídeo arte galega actual? Sara Donoso, membro do equipo... Ler máis

DORA GARCÍA: “A MIÑA FORMA DE TRABALLAR É SEMPRE LER MOITO, BUSCAR MOITO EN ARQUIVOS, IR SEMPRE AOS SITIOS MÁIS INSÓLITOS”

Dora García (Valladolid, 1965) é unha das creadoras invitadas ao festival Intersección 2019. O título da súa masterclass di moito dela como artista: “Da documentación ao vídeo performance, á película curta, á longametraxe”. A súa obra é internacional e nacionalmente coñecida desde o ámbito das performances e a súa reconsideración do uso dos espazos públicos (xa sexan virtuais ou físicos) mesturando a investigación, a escritura, o papel do espectador... Ler máis

INTERSECCIÓN 2019: J. P. SNIADECKI, INTERIORIZANDO O REAL. O FILME DESDE A EMPATÍA

J.P. Sniadecki, é un cineasta e antropólogo que traballa entre China e os Estados Unidos, filmando con enorme sutileza e contundencia situacións políticas, económicas, sociais e humanas tremendamente complexas, producindo sempre obras de gran sensibilidade estética. A narratividade das súas películas constrúese a partir dunha documentación que posúe a riqueza e a ambigüidade da testemuña humano, filtrada a través da mirada do director, cuxa implicación emocional,... Ler máis