EL CLUB, de Pablo Larraín

Con iluminación fría e música lenta Pablo Larraín preséntanos en menos de tres minutos os personaxes mailo escenario onde se desenvolverá este escuro filme. Un home xoga á beira do mar co seu can, unha muller frega o patio, o interior dunha lúgubre vivenda, miradas tristes, e miradas cansas. Catro sacerdotes e unha monxa viven nunha pequena casa nunha vila á beira do mar. Xa non poden exercer nas súas parroquias, e a Igrexa mantenos alí co propósito de que recen, reflexionen e fagan penitencia.

Despois de examinar a dictadura de Pinochet en filmes como Post Morten e No, o director chileno reflexiona de novo sobre a situación política e social do seu país, desta vez cun achegamento á clase eclesiástica de Chile. “E viu Deus que a luz era boa, e separou Deus a luz das tebras“. Con este epígrafe inicial, o director pon sobre a mesa o debate sobre a divisón entre a claridade e a escuridade, a verdade e a mentira.

A medida que o filme avanza Pablo Larraín amósanos pouco a pouco as represións, os desexos máis íntimos e os sentimentos encontrados que cada unha desas persoas vive e sufre. Aquel vagabundo que fala a berros sobre sexo e masturbación supón unha provocación que incomoda aos sacerdotes. Nisto é no que vemos o contraste, o vagabundo irrita a estes homes porque expresa de xeito explícito e sincero os seus desexos sexuais, os que precisamente eles tratan de conter e refrear. A presenza do vagabundo transfórmase polo tanto nunha provocación constante que lle recorda aos sacerdotes a razón pola que se atopan naquela casa. Recórdalle tamén eses desexos e a súa necesidade de expresalos. É por iso que cando o Padre García chega, as conversas que os homes manteñen con él teñen sempre un tinte sexual e de provocación. Pódese decir que o vagabundo xoga un rol principal en tanto que desencadea tódolos problemas que alí teñen lugar, ou mellor dito, fai que salan á luz, xa que os problemas se derivan dos conflictos internos cos que cada persoa que vive naquela casa loita día a día.

1446754596-01882057030300

Mais para min o tema máis interesante que Pablo Larraín nos plantexa a través deste filme non son os conflictos internos nin as represións de orixe sexual, senon a cuestión da penitencia así como tamén o encarcelamento. O director chileno explora con este filme o que supón a penitencia para estos homes, do mesmo xeito que explora o significado de termos como a reclusión. Ata que punto se pode decir que estes homes están recluídos? Ata que punto se pode decir que aquela casa é unha cárcere? Larraín sitúa a impunidade no punto de mira. Dado que teñen certas facilidades e comodidades, aquí o peor castigo é quizáis o de convivir con eles mesmos. É por iso que, ante a imposibilidade de establecer contacto con ningunha persoa da vila, as súas vidas xiran ao redor dun galgo corredor no que poñen tódalas súas ilusións. O galgo representa para eles esperanza e ilusión, pero tamén afecto.

Eses sacerdotes cometeron delitos e abusos, mais atópanse nunha casa na que teñen unha cama na que durmir e un prato quente sobre a mesa cada día. Por iso tamén cabe plantexarse entón a dobre moral da Igrexa, unha Igrexa que manipula, esconde e falsifica ao seu antollo. Larraín preséntanos aquí a institución eclesiástica como hipócrita e deshonesta, e a súa facilidade para resolver problemas bochornosos de xeito secreto e confidencial. A pesar de que a primeira vista se pode pensar que cae nos mitos da homosexualidade e a pedofilia, o director vai moito máis alá e percorre temas tan profundos como a moral e a carga de conciencia. A moral dunha Igrexa que non aproba o consumo de alcohol nin as apostas, pero que se amosa impasiva ante o abuso e a mentira para o beneficio propio.

Semella que o director tenta lograr a nosa empatía cos personaxes mediante a proximidade da cámara. Os primeiros planos amosan facianas preocupadas, tristes, ás veces rencorosas e resentidas. Pablo Larraín usa ademais o humor dun modo xenial, de xeito que a través del conocemos mellor a historia e achegámonos máis aos personaxes. Pois é esa extrana comicidade a que nos revela que a casa non é máis que un intento da Igrexa de esconder a sacerdotes pecadores.

No filme prevalecen as esceas nocturnas, os espazos clautrofóbicos e os gran angulares, sendo tódolos exteriores filmados dende lonxe. O exterior é observado polos sacerdotes mediante prismáticos. Porque eles deben permanecer agochados, na penumbra como castigo. Son exiliados do trato cos demais, alonxados da vida pública, pero tamén dun xulgado que dictamine sentencia, da xustiza. Mais en ningún momento amosan remordimento, tampouco arrepentimento nin propósito de enmenda. A purgación non é posible se non hai un sentimento de culpa. Os sacerdotes tentan sempre excusarse; porque foron malinterpretados, enganados ou os feitos foron deformados e falsificados.

O director chileno arrisca cun tema delicado e cun filme no que os personaxes principais son representativos de casos nos que a Igrexa Católica se viu envolta no seu país e tamén no resto do mundo. Larraín combina unha excelente fotografía co uso dunha música inquietante e repetitiva para crear un filme de denuncia e construir unha narración a medio camiño entre o thriller e o drama, co propósito de retratar a sordidez e a miseria. Cunha media hora final que fai que se nos poñan os pelos de punta, El Club conta cun guión, dirección, interpretacións e unha fotografía espectaculares.

Comments are closed.