EL CLUB, de Pablo Larraín

Con iluminación fría e música lenta Pablo Larraín preséntanos en menos de tres minutos os personaxes mailo escenario onde se desenvolverá este escuro filme. Un home xoga á beira do mar co seu can, unha muller frega o patio, o interior dunha lúgubre vivenda, miradas tristes, e miradas cansas. Catro sacerdotes e unha monxa viven nunha pequena casa nunha vila á beira do mar. Xa non poden exercer nas súas parroquias, e a Igrexa mantenos alí co propósito de que recen, reflexionen... Ler máis