LIPOVETSKY ET TRUFFAUT: SOBRE A LIXEIREZA E A FELICIDADE

As veces atopámonos en momentos existencialistas ao longo das nosas vidas, momentos onde cuestionamos o sentido e o funcionamento de todo, do ser humano, da existencia e da vida. Últimamente esas cuestións están a resoar forte na miña cabeza.

Cando unha persoa consegue satisfacer as súas necesidades básicas, dentro do suposto estado de benestar no que vivimos, o que agora busca é a felicidade, quere gozar, e ese goce non se atopa fora, está en nos mesmos. A felicidade como tal é unha invención do ser humano para tratar de darlle un sentido á vida e ao seu paso polo mundo e parece que, coma non atopamos resposta a esa cuestión, dicimos: “xa que estamos aquí, pois polo menos imos a gozar, imos a ser felices”.

Tentando fuxir da filosofía barata dos libros de autoaxuda onde constantemente se nos intenta vender a incansable búsqueda da felicidade para darlle un sentido a nosa existencia, quixen facer este vídeo tentando ligar os conceptos de liberdade, lixereza e felicidade, a través da unión da última secuencias de Les Quatre Cents Coups de Truffaut, onde o protagonista fuxe, coa reflexión en voz en off do filósofo francés Gilles Lipovetsky sobre a importancia de ser lixeiros e a relación que ten esto coa felicidade.

Ten lóxica pensar que o sentido da vida e da existencia do ser humano, coma a de todos os seres vivos, parece non ser outro máis que perpetuar a especie, nacer, crecer, reproducirse e morrer. Mais a medida que a sociedad foi e segue avanzando decidimos acompañar e paliar este sentido de continuidade coa búsqueda da felicidade, autoconvencéndonos de que o sentido da nosa vida é ser feliz. O que deriva en xerar individuos decepcionados, depresivos e ansiosos por no ser capaces de atopar esa ansiada felicidade que lles vai salvar.

Quizáis cando comprendamos que estamos aquí só para perpetuar a nosa especie e non para ser felices, permitirémonos gozar da nosa existencia e do noso paso efímero pola liña temporal do mundo. Entendendo goce coma pequenos momentos de felicidade mais non coma unha obriga. Felicidade coma unha boa compañeira de viaxe que mellora o noso paso pola existencia, mais comprendendo que non lle da sentido a esta.

Ou quizáis non.

Comments are closed.