Xavier Montoriol

Artigos de Xavier Montoriol:

    Intersección 2023: Virtualidades / Realidades

    El auge del humano 3, de Eduardo Williams Intersección celebrou este ano a súa edición número seis. Trátase dun festival novo, impulsado en plena era dixital, e a súa programación asume o reto de pensar os camiños do cine desde unha estrita contemporaneidade. A medida que afondamos na proposta do festival, imos comprendendo que a paisaxe cinematográfica que propón atópase... Ler máis

    FICBUEU 2023: Sección Oficial 6 — Unha sesión de contrastes

    Arquitectura emocional 1959, de León Siminiani Talvez a mellor forma de abordar esta última sesión sexa pensando as súas películas desde o contraste. O amplo abanico de actitudes —cinematográficas, vitais— que reúne o programa faise patente no abismo que separa a primeira e a última proposta: empezamos o noso percorrido cos planos xerais de Arquitectura emocional 1959... Ler máis

    FICBUEU 2023: Sección Oficial 5 — Da paternidade e a espera

    Alicia fai cousas, de Ángel Santos Nesta sesión, coma se dun exercicio de montaxe se tratase, pasamos dunha película a outra mediante xustaposicións que se enchen de significado. Hai un corte brutal entre a primeira e a segunda peza —esa transformación radical dun tempo morto—, outro máis sutil entre a segunda e a terceira —da ausencia de ambos os proxenitores á ausencia... Ler máis

    FICBUEU 2023: Sección Oficial 4 — Proximidades e distancias

    Invincible, de Vincent René-Lortie Talvez unha das cuestións máis interesantes que se nos expoñen nesta sesión, marcada pola forza das historias persoais, é o grao de proximidade que cada unha das películas establece cos seus personaxes. Hai en todas elas unha gran presenza que enche a pantalla e que constitúe o centro de gravidade da obra: Marc, Cecilia, Booker, Eden; e,... Ler máis

    FICBUEU 2023: Sección Oficial 3 — Formas da dor

    Ulises, de Félix Brixel A pegada profunda da dor percorre esta sesión. Cada cineasta achégase a esa dor metamorfoseante desde os xiros dunha linguaxe propia, pero co denominador común da empatía. Pasamos das doenzas físicas, que imprimen o seu rastro nos corpos que sofren, ás doenzas silenciosas que roen a alma; en máis dunha ocasión, estes corpos ao bordo da quebra sinalan... Ler máis

    FICBUEU 2023: Sección Oficial 2 — Límites, limiares e fronteiras

    Aqueronte, de Manuel Muñoz Rivas Empezamos a viaxe cunha néboa densa que esvaece os contornos das cousas. Vemos apenas unhas árbores altas, mexidas polo vento, mentres un ruído de auga e de cadeas vai debuxando a escena máis aló da imaxe: desprazámonos sobre un barco que se adentra no río. O título da película, Aqueronte (Manuel Muñoz Rivas), alude ao río que as almas... Ler máis

    FICBUEU 2023: Sección Oficial 1 — Cinco olladas cara a madurez

    Dang wo wang xiang ni de shi hou, de Huang Shuli A pasaxe da infancia cara a unha primeira madurez é un tránsito misterioso, gradual e inexacto que o cine tratou de relatar desde os seus comezos. Nas cinco películas que compoñen esta sesión, uns poucos minutos bastan para dar conta dun tempo que se acaba e doutro que empuxa por nacer mentres acompañamos aos personaxes —algúns... Ler máis

    Curtas Vila do Conde 2023: Outros camiños

    Terra Mater, de Kantarama Gahigiri (2023) Formas dun cine militante Atopamos, na competición internacional do Curtas Vila do Conde 2023, varias películas que se sitúan nas marxes da ficción para abordar de forma directa unha serie de temas de carácter político. A súa afinidade non xorde tanto desas formas híbridas ou imprecisas, senón dun espírito militante que explora... Ler máis

    Curtas Vila do Conde 2023: Camiños da ficción

    Natureza humana, de Mónica Lima (2023) “A procura leva implícita a forma da esperanza (…) e a esperanza inclúe, en si mesma, o dinamismo da procura.” Leo estas palabras do filósofo catalán Josep Maria Esquirol no tren de volta a Porto tras uns días no Curtas Vila do Conde, que este ano celebrou a súa 31.ª edición, e paréceme recoñecer nelas unha síntese do que... Ler máis

    (S8) Mostra de Cinema Periférico 2023: Estrañamentos da mirada

    Transitions, de Barbara Sternberg (1982) A (S8) Mostra de Cinema Periférico celebrou este ano a súa décimo cuarta edición, convidándonos unha vez máis a afastarnos do centro cara ás marxes do cinema. Alí, o xesto cinematográfico dáse case en soidade, á marxe de grandes estruturas, e cobra por iso unha liberdade maior. A periferia devén espazo de xogo, rexistro, experimentación,... Ler máis