Número 27

Oito anos de crise económica non son unha mala experiencia pasaxeira, é a nova orde das cousas, unha dose sostida de desigualdade cunha función moi precisa: evitar a redistribución da riqueza nas sociedades do benestar. O cinema tardou moito en representar este proceso, mais a estas alturas xa hai unha manchea de filmes sobre o tema que cómpre analizar. Emporiso, queremos adicar a nosa vindeira Panorámica a interpretar as súas imaxes e discursos, porque configuran, dun xeito ou doutro, a idea que temos deste presente amurchado.

Un primeiro paso sería reflexionar sobre as dificultades históricas de representación do propio capital, como fai Horacio Muñoz Fernández no artigo inaugural deste novo número. A seguir, Iván Villarmea Álvarez e Brais Romero Suárez escriben sobre a representación da crise no cinema español, atendendo especialmente ás propostas que xorden dende as marxes da industria. Paulo Cunha e Daniel Ribas fan o propio no tocante ao cinema portugués, tomando o filme As Mil e Uma Noites (Miguel Gomes, 2015) como principal caso de estudo, mentres que Marta Álvarez afonda pola súa banda no caso francés a partir de La Loi du Marché (Stéphane Brizé, 2015). Por último Rafael Tassi Teixeira leva o tema a un nivel máis abstracto nun artigo sobre os espazos e as paisaxes da crise no cinema brasileiro dos últimos vinte anos.

O verán, por sorte, tamén é un bo momento para os festivais de cinema, polo que neste número non faltarán as nosas crónicas habituais: este ano volvemos ao FID Marseille e ao Curtas Vila do Conde, e fomos tamén a Filmadrid, ao Cinema Jove de València e á Mostra FIRE!! de Barcelona. O noso ritmo de publicacións baixará un pouco nas vindeiras semanas para deixarvos gozar da praia ou da montaña, mais en setembro volveremos con máis críticas de filmes, novos perfís de cineastas e un Procesos adicado a un dos nomes máis sonados do Novo Cinema Galego: Lois Patiño. Mentres tanto, felices vacacións para quen as teña, e moito ánimo para todos, porque a crise semella que vai seguir dando mal por moitos anos.

Dirección, edición e xestión da web

Víctor Paz Morandeira

Iván Villarmea Álvarez

Deseño da cabeceira

Paulino Vilasoa Boo

Consello de redacción

Eloy Domínguez Serén

Iván G. Ambruñeiras

Xan Gómez Viñas

Laura Montero Plata

Horacio Muñoz Fernández

Escriben neste número

Marta Álvarez

Paulo Cunha

Oriol Díez Ferrer

Arturo Losada

Horacio Muñoz Fernández

Víctor Paz Morandeira

Jaime Pena

Daniel Ribas

Brais Romero Suárez

Fermín Sales

Rafael Tassi Teixeira

Iván Villarmea Álvarez

CONTACTO

info@acuartaparede.com

Textos publicados neste número:
Pantallas:

PAPUSZA, de Joanna Kos-Krauze & Krzysztof Krauze, por Brais Romero Suárez

LOS HONGOS, de Óscar Ruiz Navia, por Brais Romero Suárez

VIDEOFILIA (Y OTROS SÍNDROMES VIRALES), de Juan Daniel F. Molero, por Brais Romero Suárez

YOUTH, de Paolo Sorrentino, por Alba Cambeiro

Panorámica:

LOW COST, CRISE E CINEMA EN ESPAÑA, por Brais Romero Suárez

RETRATOS DA CRISE CO PAÍS AO FONDO, por Iván Villarmea Álvarez

A REPRESENTACIÓN DO CAPITAL, por Horacio Muñoz Fernández

‘NÓS POR CÁ…’ AS CAUSAS DO DESENCANTO DO POBO (E DO CINEMA) PORTUGUÉS, por Daniel Ribas e Paulo Cunha

O CINEMA FRANCÉS PON FACE Á CRISE, por Marta Álvarez

Zoom in:

CINEMA JOVE 2015. UNHA LOITA (DENDE O PRESENTE) CONTRA O “CALQUERA TEMPO PASADO FOI MELLOR”, por Fermín Sales

PELA DEL ÁLAMO: “QUEREMOS MEDRAR EN CALIDADE, NON EN CANTIDADE”, por Brais Romero Suárez

JØRGEN LETH: “A CURIOSIDADE É O MEU MOTOR”, por Brais Romero Suárez

JOSÉ LUIS GUERÍN: “ANALIZAR O MATERIAL FILMADO COMO FARO DAS SECUENCIAS QUE ESTÁN POR RODAR”, por Víctor Paz Morandeira

BOLLAÍN TUVO QUE SER, por Brais Romero Suárez

Found Footage:

JØRGEN LETH, ANTROPOLOXÍA E CINEMA, por Brais Romero Suárez

Circuíto:

FID MARSEILLE 2015: SUBSTRATOS DA MEMORIA, por Tita Barreiro

20 ANOS DE FIRE!!, por Oriol Díez Ferrer

FILMADRID 2015: UN CINEMA ESPAÑOL (E ALGO MÁIS), por Víctor Paz Morandeira

CURTAS 2015: A FORZA DA FICCIÓN, por Víctor Paz Morandeira

CURTAS 2015: A FORZA DA FICCIÓN, por Víctor Paz Morandeira

CURTAS 2015: BOA COLLEITA LUSA, por Víctor Paz Morandeira

CURTOCIRCUITO 2015: APOCALIPSE E XUVENTUDE, por Brais Romero Suárez

SEFF 2015: ESTUDAR AS RELACIÓNS HUMANAS, por Brais Romero Suárez

DOCLISBOA 2015: A GLORIA DE PROXECTAR CINEMA EN PORTUGAL, por Xan Gómez Viñas

DOCLISBOA 2015: ZILNIK E TERRORISMO, por Xan Gómez Viñas

SEFF 2015: AS CATRO ONDAS QUE DEVIRON EN TSUNAMI, por Víctor Paz Morandeira

Comments are closed.