ISLE OF DOGS, de Wes Anderson

Isle of Dogs (2018) móstranos unha historia moito máis crúa na imaxe e no argumento do que é habitual en Wes Anderson, sobre todo se a comparamos coa estética pulcra e de conto da súa primeira película de animación, Fantastic Mr. Fox (2009), na que se atrevía por primeira vez co stop-motion. Isle of Dogs lévanos a unha distopía na que a cidade xaponesa de Megasaki se ve sobrepasada por un brote de gripe canina que ameaza con chegar á epidemia e contaxiar á poboación.... Ler máis