As Neves, de Sonia Méndez
Vaia por diante, non me levo ben co coming-of-age, por un lado un enorme contedor cheo de posibilidades, pero que moi habitualmente acaba centrado na superación persoal dun protagonista adolescente con fórmulas moi estandarizadas. As exploracións dende o fantástico ou a comedia son máis ou menos frecuentes, mais fican tan lonxe do que entendemos por este subxénero, que decotío nin sequera reciben esa etiqueta. Eu asócioa a un modelo caduco e repetitivo, moi na liña indie... Ler máis
버닝 (BURNING), de Lee Chang-dong
Hai misterio, hai sospeita e, sobre todo, hai metáforas: da epifanía do sol reflectido nunha parede (o vello desexo de Edward Hopper) ao pesadelo dos invernadoiros en chamas (a manobra de distracción ideada por Haruki Murakami no relato que dá pé a este filme, ‘Queimar Invernadoiros’). 버닝 (Burning, Lee Chang-dong, 2018) é un traballo cheo de engados para o público, a quen lle corresponde dar continuidade á historia no seu maxín. Que son daquela eses invernadoiros?... Ler máis