“FACER CINEMA, RODAR, É SUFRIR; UN DESACOUGO PERMANENTE”

Miguel Castelo (Ourense, 1946) é unha peza fundamental na maquinaria cinematográfica dos 70 en Galicia. O seu filme O pai de Migueliño (1977) adapta o relato de Castelao á gran pantalla, cunha clara vontade autoral, case inexistente no cinema da época. Dende aquela, dirixiu e produciu tres títulos máis, combinando esta faceta coa crítica, que exerceu no semanario Orzán, en Radio Coruña, ou conducindo o programa Do cinema galego para o centro territorial de TVE. A mediados... Ler máis