DETROIT, de Kathryn Bigelow

Sempre tiven unha certa admiración polos directores que, dentro da industria, conseguen recortar un espazo de autor esquivando os clixés do cinema máis comercial. Na actualidade, Kathryn Bigelow é quizais unha das mellores expoñentes dese grupo. Ademais, é unha das poucas mulleres cineastas recoñecidas dentro da industria estadounidense contemporánea. É unha No-(Wo)Man’s Land[1]. De feito, foi a primeira muller, xa no ano 2010, en recibir un premio Óscar como directora. Da... Ler máis