SAFARI, de Ulrich Seidl

Desde os inicios da súa carreira coma documentalista a comezos dos 80, Ulrich Seidl insistiu en sinalar cara o sustrato grotesco e inhumano oculto trala apariencia de benestar dunha sociedade, a austríaca – europea por extensión –, empeñada en agochar as súas patoloxías ao mundo exterior. Im Keller (2014), o seu anterior traballo, serviu como perfecta síntese de todas as súas inquedanzas. Coa súa entrada nos demenciais sótanos das casas lustrosas, unha básica metáfora... Ler máis