Aberta a inscrición para o ‘Seminario de crítica: Voces recuperadas e novos canons’

  A historia do cinema construímola os espectadores, segundo os filmes que vexamos, segundo os filmes que nos deixen ver. Cada xeración ten acceso a uns títulos ou outros en función da distribución e dos debates do seu tempo, polo que programadores e críticos teñen un papel fundamental nunha historia sempre en reconstrución. Ninguén reparara nos realizadores industriais do Hollywood clásico ata que o fixo a crítica francesa e cada tanto sae á luz un nome oculto... Ler máis