Aberta a inscrición para o ‘Seminario de crítica: Voces recuperadas e novos canons’

  A historia do cinema construímola os espectadores, segundo os filmes que vexamos, segundo os filmes que nos deixen ver. Cada xeración ten acceso a uns títulos ou outros en función da distribución e dos debates do seu tempo, polo que programadores e críticos teñen un papel fundamental nunha historia sempre en reconstrución. Ninguén reparara nos realizadores industriais do Hollywood clásico ata que o fixo a crítica francesa e cada tanto sae á luz un nome oculto... Ler máis

A Cuarta Parede: Dez anos de crítica de cinema en galego

A Cuarta Parede cumpre hoxe dez anos, unha efeméride que non sería posible sen a colaboración de todas as persoas que encheron as páxinas da revista ao longo destes anos. Todas aquelas que, dende a súa fundación, achegaron o seu traballo e paixón para que este proxecto se convertese na realidade que é hoxe. Por iso, quixemos aproveitar a oportunidade para recompilar as voces de moitas das persoas que xogaron un papel fundamental na nosa historia, ben sexa dende a dirección,... Ler máis

RECICLAXE INTERTEXTUAL: A SEMIÓTICA NO CINEMA

No momento inmediatamente anterior a sentarnos comodamente en casa ou na butaca dun cinema, curioseamos sobre a idea de que é o que imos observar? En que imos fixar o ollo á hora de ver cinema? Ou, máis aínda, preguntámonos por que vemos cinema? Con frecuencia, a nosa mirada cara o cinema está condicionada pola palabra allea. Con isto refírome aos discursos provenientes da crítica cinematográfica, as recensións ou sinopses da televisión ou Internet, entre outros. Tanto... Ler máis