QUE FOI DAS SALAS DE VERSIÓN ORIXINAL?

A utopía cinéfila consiste en ter unha sala que programe cinema en versión orixinal á volta da esquina, mais esa pantasía está cada vez máis lonxe da realidade. O peche da distribuidora Alta Films, emparellado co declive dos Cinemas Renoir, explicitou nesta pasada primavera a fraxilidade do sector. No mesmo día no que se coñeceu esa noticia, nós, ilusos, comezamos a organizar un debate sobre a situación das salas en versión orixinal a nivel estatal que finalmente... Ler máis

“O CINEMA PRECISA IMAXINACIÓN”. ENTREVISTA CON DOMÉNEC BORONAT, PROGRAMADOR DE CINECIUTAT

O peche dunha sala de cinema é sempre un acontecemento triste, porque supón a desaparición dun lugar de memoria. Por iso, a revolta cidadá contra o peche dos Cinemas Renoir de Palma de Mallorca foi un acontecemento insólito que convida á esperanza. Doménec Boronat, un dos membros do comité de contidos de Xarxa Cinema, a asociación que xestiona agora estas salas, falounos da súa experiencia, que confirma a posibilidade de desenvolver un modelo de exhibición cinematográfica... Ler máis