ENTRE DOS AGUAS, de Isaki Lacuesta

‘Flotando como un velero’ Comeza Entre dos aguas e por un momento Isra volve ser o neno de La leyenda del tiempo (Isaki Lacuesta, 2006), pero doce anos despois as imaxes teñen algo de evocación, dun tempo pasado que non volverá. Trátase da fermosa escena ao carón dunha árbore coa que se pechaba a historia de Isra e Cheíto en 2006. Pasou un ano e algúns meses desde que Isra presenciou o asasinato do seu pai, e o mozo xa non ten ganas de cantar. “Non é algo para... Ler máis