PAISAXE E PAISANAXE

Gran plano xeral. Unha figura diminuta atravesa paseniñamente un amplo espazo aberto. Ás veces non é unha figura, senón unha presenza, un obxecto, algo que pasaba por alí, ou algo que xa estaba alí. Esta caste de imaxe, que procede da tradición pictórica romántica, como ben explicou Horacio Muñoz Fernández no seu texto ‘Sobre a obra paisaxística de Lois Patiño‘, é unha constante na historia do cinema, dende Greed (Erich von Stroheim, 1924) até Costa... Ler máis