CANNES DÍA 8: UNHA VOLTA AO CINEMA SOCIAL

É moi habitual ver cinema de tipo social na Croisette. O que non é tan común é que coincidan uns pesos pesados coma os irmáns Dardenne e ao tempo apareza Kleber Mendonça Filho con Aquarius (2016), ascendendo coma un dos grandes nomes do cinema de América Latina. O brasileiro confirma as expectativas depositadas nel logo da súa ópera prima en Rotterdam, O Som Ao Redor (2012), que xa reflexionaba sobre os cambios urbanísticos en Brasil cunha concepción do espazo e do... Ler máis