O FILLO DE SAÚL, de László Nemes

Moito se ten falado d’O fillo de Sául dende a súa estrena en Cannes. É unha película que, pola súa forma, chama a atención, mais tamén por lograr atopar un recuncho de novidade na gran narración cinematográfica que foi o Holocausto xudeu. A acción segue os pasos dun sonderkommando en 1944, no campo de Auschwitz-Birkenau. Para quen non coñeza o palabro, estes eran os grupos de prisioneiros dedicados a liberar as cámaras de gas dos corpos dos seus compañeiros... Ler máis