CANNES 2018 EP. 11: NURI BILGE CEYLAN APURA AS SÚAS OPCIÓNS PARA A PALMA DE OURO

A última das películas en competición este ano foi The Wild Pear Tree (2018), do turco Nuri Bilge Ceylan, que xa gañara a Palma de Ouro e o FIPRESCI con Winter Sleep (2014) e que aquí volve presentar un serio contendente. A película fai gala unha vez máis dun ritmo pausado e sutís conversas que agochan sempre dobres sentidos, na volta dun novo escritor á súa terra logo de estudar fóra dela. Aí ten que facer fronte a un pai que está a arruinar a súa vida co xogo,... Ler máis