PO NO HORIZONTE

Pero… de onde saen todos eses coches? Esa é unha das preguntas máis frecuentes durante os debates posteriores a unha proxección de Hamada. E esa foi precisamente unha das primeiras cousas que me chamaron a atención durante a miña primeira visita aos campamentos de refuxiados saharauis de Tindouf. Como chegaron todos eses vehículos ata unha das zonas máis remotas do deserto do Sáhara?* Era a primavera de 2014 e eu deixara o meu traballo en Estocolmo para marchar... Ler máis

MUDAR LA PIEL, de Ana Schulz e Cristóbal Fernández

Ao longo da década, desde que ETA anunciase o cesamento da súa actividade armada en 2011 ata a súa disolución este mesmo ano, o cinema seguiu abordando o conflito vasco con novos e máis libres enfoques. Parece que se abandonou dunha vez por todas a aproximación maniquea e agregouse unha enriquecedora paleta de cores entre o branco e negro. Entre os filmes recentes que apostaron por superar a falsa dicotomía entre bos e malos atopamos o documental Asier ETA biok (Amaia... Ler máis