CASI 40, de David Trueba

No ano 1996, David Trueba debutou na dirección con La buena vida. Aquela oportuna visión da adolescencia, melancólica e tenra, exaltaba sen ningún reparo os universos de Truffaut ou Malle no medio dunha época máis ben gris do cinema español, coma se o autor pretendese reivindicar para a caduca comedia do seu país unha sensibilidade doutras latitudes e tempos. A realidade é que os anos foron pasando por ese cine e o menor dos oito irmáns Trueba, case sempre máis agudo... Ler máis