A CINEFILIA NOS TEMPOS DO EMULE

A finais dos anos noventa, un cinéfilo de provincias tiña moi poucas oportunidades para ter unha oferta cinematográfica variada. As súas achegas ao cinema seguramente se reducían aos filmes de Hollywood e aos clásicos europeos que os medios publicitarios aceptaran como válidos. Os cinéfilos que somos de pequenas vilas non coñeciamos filmotecas nin festivais, e o noso contacto coa versión orixinal reducíase a unhas poucas sesións de madrugada nalgunhas canles de televisión.... Ler máis