ELS DIES QUE VINDRAN, de Carlos Marqués-Marcet

© Avalon No ano 2014, o realizador catalán Carlos Marqués-Marcet presentaba a súa primeira longametraxe: 10.000 km, unha cinta sinxela pero sorprendentemente lúcida sobre unha relación de parella a distancia (baseada nunha experiencia persoal do director). A película alzouse como a gran triunfadora no Festival de Málaga dese mesmo ano, e Marqués-Marcet recibía pouco despois o premio Goya ao mellor cineasta novel, converténdose inmediatamente nun nome a seguir dentro... Ler máis