EL HOTEL A ORILLAS DEL RÍO (강변 호텔, HONG SANG-SOO, 2018)

Contemplar cada novo filme de Hong Sang-soo supón mergullarse nun universo de profundas ramificacións que nos leva dunha película a outra, realizando conexións continuamente coas súas constantes temáticas e formais. É como de se fita a fita establecese unha sorte de rimas e a súa obra completa rematase por ser un grande poemario. Curioso logo que o seu último protagonista sexa un poeta que, sentindo a presenza dunha morte próxima dun xeito que non pode explicar racionalmente,... Ler máis

ELS DIES QUE VINDRAN, de Carlos Marqués-Marcet

© Avalon No ano 2014, o realizador catalán Carlos Marqués-Marcet presentaba a súa primeira longametraxe: 10.000 km, unha cinta sinxela pero sorprendentemente lúcida sobre unha relación de parella a distancia (baseada nunha experiencia persoal do director). A película alzouse como a gran triunfadora no Festival de Málaga dese mesmo ano, e Marqués-Marcet recibía pouco despois o premio Goya ao mellor cineasta novel, converténdose inmediatamente nun nome a seguir dentro... Ler máis

HER, de Spike Jonze

Que me perdoen os fans das batallas galácticas, pero a ciencia ficción que para min de verdade paga a pena non son as fantasías escapistas, senón as propostas que coa escusa do xénero (particularmente as distopías) permiten reflexionar sobre as nosas vidas cunha certa distancia. Nese sentido, a serie televisiva Black Mirror (Charlie Brooker, 2011-) é a que mellor está a capturar o zeitgeist destes días fugaces, case líquidos, que nos tocou vivir, sempre desde o marco... Ler máis