HER, de Spike Jonze

Que me perdoen os fans das batallas galácticas, pero a ciencia ficción que para min de verdade paga a pena non son as fantasías escapistas, senón as propostas que coa escusa do xénero (particularmente as distopías) permiten reflexionar sobre as nosas vidas cunha certa distancia. Nese sentido, a serie televisiva Black Mirror (Charlie Brooker, 2011-) é a que mellor está a capturar o zeitgeist destes días fugaces, case líquidos, que nos tocou vivir, sempre desde o marco... Ler máis

THE FUTURE, de Miranda July

A traxectoria de Miranda July atravesa neste momento un período delicado. A súa estrea de masas no desapiadado mundo do celuloide, lembremos, foi fulgurante: a súa primeira longametraxe, Me and You and Everyone We Know(2005), estreouse a escala mundial no festival de Cannes, onde obtivo a prezada Cámara de Ouro á mellor ópera prima e eloxios de case todos os sectores da crítica polo seu concienciudo traballo estético, a súa delicadeza, a súa atención ao detalle e o... Ler máis

LONGA VIDA Á CURTA: CURTAMETRAXES EN CANNES

Un dos maiores empeños do Festival de Cannes durante as súas últimas edicións foi o de estimular e apoiar a creación dos novos realizadores e avalar a exhibición e distribución da produción de curtametraxes. Con este propósito, na edición de 2011 a organización do certame decidiu axuntar forzas e integrar ao redor da Cannes Court Métrage dúas seccións que ata agora conviviran de modo independente, a Competición Oficial de Curtametraxes e o Short Film Corner. A... Ler máis